Qu'est-ce qu'on a fait au Bon Dieu ?
Qu'est-ce qu'on a fait au Bon Dieu ? é un filme francés de 2014 dirixido por Philippe de Chauveron e protagonizado por Christian Clavier e Chantal Lauby.
Qu'est-ce qu'on a fait au Bon Dieu ? | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Qu'est-ce qu'on a fait au Bon Dieu ? |
Director | Philippe de Chauveron |
Produtor | Romain Rojtman |
Guión | Philippe de Chauveron Guy Laurent |
Intérpretes | |
Música | Marc Chouarain |
Fotografía | Vincent Mathias |
Montaxe | Sandro Lavezzi |
Estudio | Les films du 24 |
Distribuidora | UGC Distribution |
Estrea | 16 de abril de 2014 |
Duración | 97 minutos |
Orixe | Francia |
Xénero | Comedia |
Orzamento | 12,8 millóns de euros[1] |
Recadación | 174,1 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
É o primeiro título dunha serie de filmes, seguido por Qu'est-ce qu'on a encore fait au Bon Dieu ? en 2019, e Qu'est-ce qu'on a tous fait au Bon Dieu ? en 2022.
Sinopse
editarClaude Verneuil, un notario gaullista, e a súa muller Marie, son dous burgueses católicos residentes en Chinon, Francia, e pais de catro fillas: Isabelle, Odile, Ségolène e Laure. As tres primeiras fillas casaron con descendentes de inmigrantes en Francia e de diferentes orixesa étnicas e relixións: Isabelle, avogada, casou con Rachid Ben Assem, musulmán e tamén avogado. Odile, dentista, casou con David Benichou, un empresario desempregado e xudeu sefardí. Ségolène, quen é artista plástica, casou con Chao Ling, un banqueiro chinés e budista.
Personaxes
editar- Christian Clavier como Claude Verneuil
- Chantal Lauby como Marie Verneuil
- Medi Sadoun como Rashid Ben Assem
- Ary Abittan como David Benichou
- Frédéric Chau como Chao Ling
- Noom Diawara como Charles Kofi
- Pascal N'Zonzi como André Kofi
- Salimata Kamate como Madeleine Kofi
- Tatiana Rojo como Viviane Kofi
- Frédérique Bel como Isabelle Ben Assem Verneuil
- Julia Piaton como Odile Benichou Verneuil
- Émilie Caen como Ségolène Ling Verneuil
- Élodie Fontan como Laure Verneuil
- Élie Semoun como o psicólogo
- Loïc Legendre como o sacerdote de Chinon
- David Salles como o xendarme
- Axel Boute como o mozo "albino" ao teléfono
Produción
editarAínda que a historia está ambientada en Chinon, o filme foi rodado principalmente en París e Normandía. Algunhas tomas foron rodadas no castelo de Chinon o 10 de decembro de 2013.[3]
Notas
editar- ↑ "Qu'est-ce qu'on a fait au Bon Dieu? (2014)". JP's Box-Office. Consultado o 26 de abril de 2018.
- ↑ Nancy Tartaglione and David Bloom (10 de xaneiro de 2015). "'Transformers 4′ Tops 2014's 100 Highest-Grossing International Films – Chart". Deadline Hollywood. Consultado o 10 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Qu'est-ce qu'on a fait... au réalisateurs ?" (en French). lanouvellerepublique.fr. 7 de maio de 2014. Consultado o 13 de agosto de 2014.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Qu'est-ce qu'on a fait au Bon Dieu ? |