Qeqertarsuaq
Illa de Disko ou Qeqertarsuaq é unha grande illa na Baía de Baffin, na costa oeste de Groenlandia a unha latitude de 70° norte, e cara ao norte da baía de Disko. Ten unha superficie de 8.578 quilómetros cadrados, polo que é a segunda illa máis grande de Groenlandia (logo da illa de Groenlandia) e unha das 100 illas máis grandes do mundo. O nome Qeqertarsuaq significa A Illa Grande (de qeqertaq= illa).
Qeqertarsuaq | |
---|---|
![]() Localización da illa | |
![]() | |
Situación | |
País | ![]() |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 70°0′N 54°0′O / 70.000, -54.000 |
Xeografía | |
Superficie | 8.578 km² |
Longura máxima | 160 km. |
Punto máis alto | 1.919 m. |
Demografía | |
Capital | Qeqertarsuaq |
Poboación | 892 (2015) |
Xeografía Editar
A illa ten unha lonxitude duns 160 quilómetros, unha área de 8.578 quilómetros cadrados, e elévase ata unha altura media de 975 metros, alcanzando un máximo de 1.919 metros. O porto de Qeqertarsuaq (nome da illa, e tamén coñecido como Godhavn) atópase na súa costa sur.
Os depósitos de minerais, os fósiles e as formacións xeolóxicas son o máis interesante da zona. Hai máis de 2000 fontes termais na illa.
Historia Editar
Erik o Roxo fixo a primeira visita á illa de Disko, nalgún momento entre 982 e 985 e foi utilizada como base para a caza e a pesca de verán polos colonos viquingos.
Galería Editar
-
Estación polar danesa de Qeqertarsuaq (en 1908)
-
Mineiros na mina de carbón (en 1900)
-
A capital, Qeqertarsuaq
-
Estación de investigación 2014
-
A aldea abandonada de Qllissat desde o mar.
-
Icebergs na illa de Qeqertarsuaq
Véxase tamén Editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Qeqertarsuaq |