Pyhäsaari é unha das illas máis grandes do lago Leppävesi na cidade finlandesa de Jyväskylä, situada nas proximidades do río Vaajanvirta. Un pequeno estreito sepárao de Kanavuori e outro aínda máis pequeno da península de Ruokosaari. A lonxitude da illa é duns 2 km. Hai restos de amilladoiros da Idade de Bronce na parte norte da illa [1]. Malia estar deshabitada de xeito permanente, hai na illa algunhas construcións, que serven de abeiro aos visitantes ocasionais.

Pyhäsaari
Situación
PaísFinlandia Finlandia
Xeografía
Superficie0,75 km²
Longura máxima1,9
Demografía
Poboacióndeshabitada
Restos de amilladoiros na punta norte da illa.

O topónimo deriva do finés pyhä (santo ou sagrado) que podería ter unha orixe precristiá e ser un antigo lugar de culto[2] e saari (illa)

Notas editar

  1. "Anu Soikkeli-Jalonen: Suomen pronssikautiset röykkiöt – Moninaisia hautaustapoja ja merkityksiä" Kalmistopiiri
  2. Veikko Anttonen (1996)Ihmisen ja maan rajat: ’Pyhä’ kulttuurisena kategoriana. Helsinki: Suomalaisen kirjallisuuden seura, pp. 108-116 e 122-125