Pumpuang Duangjan

música tailandesa

Pumpuang Duangjan (en tailandés: พุ่มพวง ดวงจันทร์), tamén coñecida como Pueng (tailandés: ผึ้ง), nada o 4 de agosto do 1961 en Suphanburi e finada o 13 de xuño do 1992 en Phitsanulok, foi unha actriz e cantante tailandesa.[1][2][3] Está considerada a pioneira do Luk Thung electrónico, así como unha das máis importantes cantantes do xénero.[1]

Infotaula de personaPumpuang Duangjan

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(th) พุ่มพวง ดวงจันทร์
(th) รำพึง จิตรหาญ Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1961 Editar o valor em Wikidata
Hankha, Tailandia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xuño de 1992 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Phitsanulok, Tailandia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Lupus eritematoso sistémico Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeTailandia Editar o valor em Wikidata
RelixiónBudismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor em Wikidata - 1992 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop, Luk thung (pt) Traducir e pop rock Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoTopline Diamond (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeKraisorn Leelamekhin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webxs4all.nl… Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: 6b3c73bc-813c-4164-893f-abb477e15ef2 Discogs: 4115135 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pumpuang Duangjan naceu en Suphanburi no 1961, filla dunha parella de agricultores pobres.[1][3] Estudou a educación primaria durante só dous anos, xa que tivo que abandonala para dedicarse a traballar nun campo de cana de azucre.[1][3] Malia a súa condición de analfabeta, gustáballe memorizar as letras das cancións para presentarse a concursos de canto locais.[4]

Comezou a gañar sona de adolescente, e a súa fama aumentou a partir da década dos setenta.[5][6] A pesar da súa relevancia no país, a súa carreira viuse limitada por amantes, axentes e promotores musicais, que lle negaron acceso aos beneficios económicos xerados polo seu traballo.[1][4] Neste sentido, non puido financiar o tratamento para a enfermidade que acabaría coa súa vida.[1][4]

Faleceu en Phitsanulok no 1992, con tan só trinta anos.[4]

Legado editar

Pueng é lembrada polas súas letras, que narran a vida no rural tailandés.[1][3][6] No 2018, foi a protagonista dun Google Doodle, co gallo do 57.º aniversario do seu nacemento.[6]

Discografía editar

  • Nak Rong Baan Nok (นักร้องบ้านนอก)
  • Noo Mai Roo (หนูไม่เอา)
  • Kho Hai Ruai (ขอให้รวย)
  • Som Tam (ส้มตำ)
  • Nad Phop Na Ampoer (นัดพบหน้าอำเภอ)
  • Take Ka Tan Phook Bo (ตั๊กแตนผูกโบว์)
  • Anitja Tinger (อนิจจาทิงเจอร์)
  • Aai Saang Neon (อายแสงนีออน)

Filmografía editar

Televisión editar

  • Nang Sao Yi Sai (นางสาวยี่สาย)

Filmes editar

  • 1984 – Chee (ชี)
  • 1984 – Nang Sao Ka Thi Sod (นางสาวกะทิสด)
  • 1984 – Khoe Thot Tee Thee Rak (ขอโทษที ที่รัก)
  • 1984 – Jong Ang Pangad (จงอางผงาด)
  • 1985 – Thee Rak Ter Yoo Nai (ที่รัก เธออยู่ไหน)
  • 1986 – Mue Puen Khon Mai (มือปืนคนใหม่)
  • 1987 – Sanae Nak Rong (เสน่ห์นักร้อง)
  • 1987 – Chaloey Rak (เชลยรัก)
  • 1987 – Pleng Rak Phleng Puen (เพลงรัก เพลงปืน)
  • 1988 – Phet Payak Rat (เพชรพยัคฆราช)

Notas editar