Pulso arterial
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
En medicina, o pulso arterial dunha persoa é a pulsación provocada pola expansión das súas arterias como consecuencia da circulación do sangue bombeado polo corazón. Obtense polo xeral en partes do corpo onde as arterias se atopan máis próximas á pel, como nos pulsos ou o pescozo e mesmo nas tempas.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Medición do pulso
editarO pulso mídese manualmente cos dedos índice e medio. Cando se palpa a arteria carótide, a femoral ou a braquial tense que ser moi coidadoso, xa que non hai unha superficie sólida como tal para poder detectalo. A técnica consiste en situar os dedos preto dunha arteria e premer suavemente contra unha estrutura interna firme, normalmente un óso, para poder sentir o pulso. Débense usar os 3 dedos, o índice para ocluír a pasaxe do sangue desde proximal, o anular para ocluílo ao lado distal pondo en evidencia co medio que non haxa unha conexión anómala cubito-radial.
Observacións
editarO pulso non se debe tomar co dedo polgar. As arterias que veñen do antebrazo (radial e cubital) únense e forman o arco palmar; deste arco saen as ramas que van irrigar as falanxes (dedos da man), cada falanxe ten unha arteria a cada lado, pero o dedo polgar só ten unha arteria chamada arteria principal do polgar, a cal lle pasa pola súa liña media. Se se toma o pulso co polgar, pódese confundir o pulso que se quere tomar co propio pulso desta falanxe.
Puntos de pulso comúns
editar- Pulso radial, situado na cara anterior e lateral dos pulsos, entre o tendón do músculo flexor radial do carpo e a apófise estiloide do radio (arteria radial).
- Pulso ulnar, no lado do pulso máis próximo ao maimiño (arteria ulnar).
- Pulso carotídeo, no pescozo (arteria carótide). A carótide debe palparse suavemente, xa que estimular os seus baroreceptores cunha palpación vigorosa pode provocar bradicardia severa ou mesmo deter o corazón nalgunhas persoas sensibles. Ademais, as dúas arterias carótides dunha persoa non deben palparse simultaneamente, para evitar o risco de síncope ou isquemia cerebral.
- Pulso braquial, entre o bíceps e o tríceps, no lado medial da cavidade do cóbado, usado frecuentemente en lugar do pulso carotídeo en infantes (arteria braquial).
- Pulso femoral, na coxa (arteria femoral).
- Pulso poplíteo, baixo o xeonllo na fosa poplítea.
- Pulso dorsal do pé ou pedio, na empeña do pé (arteria dorsal do pé).
- Pulso tibial posterior, detrás do nocello baixo o maléolo medial (arteria tibial posterior).
- Pulso temporal, situado sobre a tempa directamente fronte á orella.
- Pulso facial, situado no bordo inferior da porción ascendente do maxilar inferior ou mandíbula (arteria facial).
A facilidade para palpar o pulso vén determinada pola presión sanguínea do paciente. Se a súa presión sistólica está por baixo de 90 mmHg o pulso radial non será palpable. Por baixo de 80 mmHg non o será o braquial. Por baixo de 60 mmHg o pulso carótide non será palpable. Dado que a presión sistólica raramente cae tan baixo, a falta de pulso carótide adoita indicar a morte. Con todo, coñécese de casos de pacientes con certas feridas, enfermidades ou outros problemas médicos que estaban conscientes e carecían de pulso palpable.
Frecuencia cardíaca
editarPodemos dicir que o pulso se define como a onda de sangue creada pola contracción do ventrículo esquerdo do corazón e é útil para estimar a frecuencia cardíaca. A frecuencia cardíaca normal é:
- Recentemente nado: Frecuencia cardíaca media 130 cun rango ou intervalo de 80-180 x’
- 1 ano: Frecuencia cardíaca media: 120 cun rango ou intervalo de 80-140x’
- 10 anos: Frecuencia cardíaca media: 70 cun rango ou intervalo de 50-90x’
- Adolescentes: Frecuencia cardíaca media: 75 cun rango ou intervalo de 50-90x’
- Adultos: Frecuencia cardíaca media: 80 cun rango ou intervalo de 60-100x’
- Anciáns: Frecuencia cardíaca media: 70 cun rango ou intervalo de 60-100x’
Cando a frecuencia cardíaca se atopa fóra dos rangos normais temos:
- Taquicardia: para cantidade de pulsacións maiores aos límites superiores (para cada caso) dos intervalos normais antes detallados.
- Bradicardia: para cantidade de pulsacións menores aos límites inferiores (para cada caso) dos intervalos normais antes detallados.
O normal é que o tempo entre pulso e pulso sexa relativamente constante, se é irregular constitúe unha arritmia. A característica da secuencia das pulsacións é denominada ritmicidade.
Actividade física e o pulso
editarNun individuo o pulso pode variar durante o día, segundo as actividades que se atope realizando. As pulsacións aumentan cando se produce unha actividade física extenuante; isto é porque o corpo demanda un maior consumo de enerxía, e a enerxía prodúcese sobre a base dos alimentos e o osíxeno, o corazón é o que transporta isto a través das pulsacións, e para transportarse a cada célula do corpo polo sangue, é necesario incrementar as pulsacións; pola contra, cando a persoa se atopa en estado de repouso (durmindo), a frecuencia pode diminuír considerablemente por baixo dos límites normais.