Pardela curricacho

(Redirección desde «Puffinus griseus»)

A pardela curricacho[1][2] ou pardela escura[3] (Puffinus griseus) é unha ave da familia Procellariidae. Posúe un amplo rango de distribución sendo unha das aves máis comúns na costa pacífica de Suramérica. Grandes migradoras, as pardelas curricacho chegan a volar até 910 km/día neste período.[4] Xa que logo, se ben cría na parte sur dos océanos, pode verse en Europa en verán e no outono. Deste xeito, pode atoparse en Irlanda, Gran Bretaña e na costa atlántica ibérica, de setembro a decembro. Posúe unha lonxitude duns 45 cm e unha envergadura de pouco máis dun metro.[5]

  1. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. 
  2. Lahuerta Mouriño, Fernando; Vázquez Álvarez, Francisco X. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-2913-8. 
  3. "pardela escura". TERGAL. Consultado o 18 de abril de 2024. 
  4. Una épica migración - BBC Ciencia
  5. Hume, Rob (2002). Guía de campo de las aves de España y Europa. Ediciones Omega. ISBN 84-282-1317-8. 

Ligazóns externas

editar