Abrir o menú principal

Para o artigo sobre a novela de Antón Lopo, véxase Ganga (libro)

Os Pterocliformes son unha orde de aves neognatas que inclúe unha soa familia, Pteroclidae[1] ou Pteroclididae.[2] A orde Pterocliformes non é aceptada por todos os autores, de maneira que a familia Pteroclidae inclúese ás veces entre os Columbiformes ou os Ciconiiformes.[2]

Abrangue os xéneros Pterocles e Syrrhaptes, que adoitan coñecerse como cortizois[3] ou gangas.[4] Entre ambos os dous xéneros suman un grupo de 16 especies do Vello Mundo que viven no campo aberto, chairas e semi-desertos sen árbores.

CaracterísticasEditar

As gangas son pequenas, de pescozo e cabeza semellantes ás pombas, pero de corpos robustos e compactos. Teñen ás longas e un voo rápido e directo. Posúen patas emplumadas, e o xénero Syrrhaptes teñen emplumados tamén os dedos. Son de cor marrón clara ou verdosa con manchas.

Voan en bandadas aos seus durmideiros ao amencer e á tardiña. Adoitan pór dous ou tres ovos directamente sobre a terra.

Xéneros e especiesEditar

Tradicionalmente divídese ás gangas en dous xéneros. Dúas especies de Asia central que son as Syrrhaptes, e o resto son Pterocles, pero estudos recentes pon en dúbida esta división.

NotasEditar

  1. Clements, J. F. 2007. The Clements Checklist of Birds of the World, 6th Edition. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  2. 2,0 2,1 Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 15 de setembro de 2009. 
  3. "Entrada cortizol en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 04 de setembro de 2017. 
  4. "Entrada ganga en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2017. Consultado o 12 de agosto de 2019. 
  5. Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada Chioglossa, 1 (1999): 121-138 e Lista de las aves de España (ES-EN-CT-GL-EU). Sociedad Española de Ornitología, 2005

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar