Fosfatidilinositol (3,4,5)-trisfosfato

composto químico
(Redirección desde «PtdIns(3,4,5)P3»)

O fosfatidilinositol (3,4,5)-trisfosfato (PtdIns(3,4,5)P3, ou PIP3 ou PIP3), é un fosfoinosítido produto da fosforilación do fosfatidilinositol (4,5)-bisfosfato realizada polos encimas fosfoinosítido 3-quinases de clase I (PI 3-quinases). É un fosfolípido que está situado na membrana plasmática.

Fosfatidilinositol (3,4,5)-trisfosfato
Propiedades
Fórmula molecular C47H86O22P4
Masa molecular 1126,46 g/mol, neutro cunha composición de ácidos graxos de 18:0, 20:4

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

Descubrimento editar

En 1988, Lewis C. Cantley publicou un artigo describindo o descubrimento dun novo tipo de fosfoinosítido quinase que tiña a capacidade sen precedentes de fosforilar na posición 3' do anel de inositol, orixinando a formación de fosfatidilinositol 3-fosfato (PI3P).[1] Traballando de forma independente, Alexis Traynor-Kaplan e colaboradores publicaron outro artigo que demostraba que nos neutrófilos humanos aparecía de forma natural un novo lípido, chamado fosfatidilinositol 3,4,5 trisfosfato (PtdIns(3,4,5)P3 ou PIP3), e os seus niveis incrementábanse rapidamente despois da estimulación fisiolóxica con péptidos [[[quimiotáctico]]s.[2] Estudos posteriores demostraron que in vivo o encima que fora orixinalmente identificado polo grupo de Cantley prefería o PtdIns(4,5)P2 como substrato, orixinando o produto PtdIns(3,4,5)P3 (ou PIP3).[3]

Función editar

O PtdIns(3,4,5)P3 funciona activando compoñentes das partes finais de vías de sinalización, o máis notable é a proteína quinase AKT, que activa as partes finais de vías de sinalización anabólicas que se requiren para o crecemento celular e a supervivencia.

O PtdIns(3,4,5)P3 é desfosforilado pola fosfatase PTEN na posición 3, xerando PtdIns(4,5)P2, e pola fosfatase SHIPs (inositol fosfatase que contén SH2) na posición 5' do anel de inositol, producindo fosfatidilinositol (3,4)-bisfosfato (ou PtdIns(3,4)P2).

O dominio PH que teñen varias proteínas únese ao PtdIns(3,4,5)P3. Entre esas proteínas están a Akt/PKB, a PDK1, a Btk1, e a ARNO. A xeración de PtdIns(3,4,5)P3 na membrana plasmática despois da activación das PI 3-quinases de clase I causa que estas proteínas se transloquen á membrana plasmática o que afecta á súa actividade.

O dominio PH permite a unión entre o PtdIns(3,4,5)P3 e as quinases do receptor acoplado á proteína G (GRKs). Isto potencia a unión da GRK á membrana plasmática.

Notas editar

  1. Whitman M, Downes CP, Keeler M, Keller T, Cantley L (April 1988). "Type I phosphatidylinositol kinase makes a novel inositol phospholipid, phosphatidylinositol-3-phosphate". Nature 332 (6165): 644–6. PMID 2833705. doi:10.1038/332644a0. 
  2. Traynor-Kaplan AE, Harris AL, Thompson BL, Taylor P, Sklar LA (July 1988). "An inositol tetrakisphosphate-containing phospholipid in activated neutrophils". Nature 334 (6180): 353–356. PMID 3393226. doi:10.1038/334353a0. 
  3. Auger KR, Serunian LA, Soltoff SP, Libby P, Cantley LC (April 1989). "PDGF-dependent tyrosine phosphorylation stimulates production of novel polyphosphoinositides in intact cells". Cell 57 (1): 167–75. PMID 2467744. doi:10.1016/0092-8674(89)90182-7. 

Véxase tamén editar

outros artigos editar