Orquídea das serras

especie de planta
(Redirección desde «Pseudorchis albida»)

A orquídea das serras, Pseudorchis albida,[1] é unha especie de planta herbácea dos prados de montaña. Pertence á familia Orchidaceae .

Descrición editar

A orquídea das serras é unha orquídea que alcanza os 10 a 40 cm, con follas aquilladas, oblongas, brillantes, sen manchas.

Flores cremosas e perfumadas cun esporón curto. O labelo é de tres lóbulos.

Florece de maio a agosto dependendo da altitude.

Sinonimia editar

  • Bicchia albida (L.) Parl.
  • Gymnadenia albida (L.) Beck
  • Habenaria albida (L.) R.Br.
  • Orchis albida (L.) Scop.
  • Leucorchis albida (Linné) E. Meyer

Notas editar

  1. Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar