Pseudochondrostoma duriense
Pseudochondrostoma duriense é unha especie de peixe teleósteo da familia dos ciprínidos. É endémica do noroeste da Península Ibérica.
Pseudochondrostoma duriense | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Pseudochondrostoma duriense[2] (Coelho, 1985) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Chondrostoma duriense Coelho, 1985 |
Descrición
editarTrátase dunha especie de talle medio que non adoita acadar os 50 cm de lonxitude total. A apertura bucal é infera e recta cun beizo inferior groso que presenta unha lámina córnea. As aletas dorsal e anal presentan 8 radios ramificados, en ocasións 9. Ten entre 63 e 74 escamas na liña lateral. O número de dentes farínxeos é de 5-5 e o de branquiespiñas de 12 a 24. O corpo adoita estar pigmentado con pequenas manchas negras que son máis evidentes nas poboacións de Portugal e Galicia.
Notas
editar- ↑ Crivelli, A.J. 2006. [1]. IUCN 2022. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2021-3. 24 de febreiro de 2022
- ↑ Leunda, P. M.; B. Elvira, F. Ribeiro, R. Miranda, J. Oscoz, M.J. Alves & M.J. Collares-Pereira (2009). "International standarization of Common Names for Iberian Endemic Freshwater Fishes" (PDF). Limnetica (en inglés) (28): 189–202. ISSN 1989-1806. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xullo de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Doadrio, I. (ed.). 2002. Atlas y libro rojo de los peces continentales de España. Madrid. Dirección General de la Conservación de la Naturaleza. CSIC. Museo Nacional de Ciencias Naturales. 374 pp.