Prysmian é unha empresa italiana formada pola fusión da empresa italiana Pirelli cables e Draka. Ten sede en Milán e adícase á produción de cables eléctricos e de telecomunicacións.

Prysmian S.p.A.
TipoSociedade por accións
Fundación8 de febreiro de 2011 (13 anos)
LocalizaciónMilán, Italia Italia
IndustriaEnerxía e comunicacións
ProdutosCables
Beneficio5 702 millóns de € (2016)
Número de empregados30 000 (2016)
Na rede
https://www.prysmian.com/en e https://www.prysmian.com/it
Facebook: PrysmianGroup Twitter: prysmiangroup Instagram: prysmian_group Youtube: UC4pBM7jdm_Gf5g3e_YFaHjg Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

As orixes da empresa están na fundación en 1879 de Pirelli cables e sistemas. En 1902 abriu unha fábrica en Barcelona. En 2011 fusiónase con Draka. En 2017 mercou a marca norteamericana General Cable.

Sancións

editar

En 2017 a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia impuxo 44,7 millóns de euros de sanción a cinco cárteles que se repartían o mercado do sector de cables eléctricos de baixa tensión para a construción de hospitais, uso doméstico, edificación de vivendas, obras de empresas enerxéticas, telefonía, ferroviarias, navais e grandes proxectos internacionais entre os que estaba Prysmian.[1]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar