A coñecida como Proxima Centauri é unha estrela da constelación de Centauro, a 4,244 anos luz da Terra, a estrela máis próxima ó noso Sol (e a nós),[1][2] de onde lle ven o nome. Foi descuberta en 1915 por Robert Innes.

Imaxe tomada polo Hubble.
Imaxe tomada polo Hubble.

A súa luminosidade é baixa, polo que a pesar da súa veciñanza non se pode ver a ollo nu dende a Terra (magnitude aparente de 11,13). Pertence á secuencia principal, e é unha 'estrela fulgurante', que cambia de xeito súbito o seu brillo debido á actividade magnética, e chega a xerar unha emisión total de raios X semellante á producida polo Sol. Forma parte dun sistema estelar triplo, o Sistema de Alfa Centauri, coas estrelas Alfa Centauri A e Alfa Centauri B, sendo nomeada como Alfa Centauri C. Na actualidade ten unha separación do par A-B de 21 950 UA, orbitándoas cun período orbital de 550 000 anos.

É unha estrela anana vermella cunha masa aproximada dun oitavo da masa do Sol (M☉), e unha densidade media aproximadamente 33 veces a do Sol. Debido á proximidade coa Terra coa Proxima Centauri, pódese medir directamente o seu diámetro angular. O seu diámetro real é aproximadamente un sétimo do diámetro do Sol.

A mestura do combustible estimada no núcleo de Proxima Centauri a través da convección e a súa taxa de produción de enerxía relativamente baixa significa que será unha estrela de secuencia principal durante outros catro billóns de anos.[3]

Ten un planeta, Proxima Centauri b, descuberto en 2016. Orbita a estrela a unha distancia de aproximadamente 0,05 AU (7,5 millóns de km) cun período orbital de aproximadamente 11,2 días terrestres. A masa estimada do planeta é polo menos 1,3 veces a da Terra. A temperatura de equilibrio de Proxima b estímase que se atopa dentro do rango onde a auga podería existir como líquido na súa superficie, situándoa dentro da zona habitable de Proxima Centauri, aínda que debido a que Proxima Centauri é unha anana vermella e unha estrela flamante, non se prevé que poida soportar a vida.[4]

Notas editar

  1. "Proxima Centauri, nuestra vecina de al lado". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-03-18. 
  2. "ESO - 2003". web.archive.org. 2008-06-16. Archived from the original on 16 de xuño de 2008. Consultado o 2020-03-19. 
  3. Dunkley, J.; Komatsu, E.; Nolta, M. R.; Spergel, D. N.; Larson, D.; Hinshaw, G.; Page, L.; Bennett, C. L.; Gold, B. (2009-02-01). "Five-Year Wilkinson Microwave Anisotropy Probe (WMAP) Observations: Likelihoods and Parameters from the WMAP data". The Astrophysical Journal Supplement Series 180 (2): 306–329. ISSN 0067-0049. doi:10.1088/0067-0049/180/2/306. 
  4. Anglada-Escudé, Guillem; Amado, Pedro J.; Barnes, John; Berdiñas, Zaira M.; Butler, R. Paul; Coleman, Gavin A. L.; de la Cueva, Ignacio; Dreizler, Stefan; Endl, Michael (2016-08). "A terrestrial planet candidate in a temperate orbit around Proxima Centauri". Nature 536 (7617): 437–440. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/nature19106.