Provincia de Yamashiro

Yamashiro (山城国, やましろのくに, Yamashiro-no-kuni ou 山城, やましろ) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma o sur da prefectura de Quioto, historicamente na parte Kinai, actualmente na rexión de Kinki, na illa de Honshu. A antiga capital xaponesa, Kyō estaba nesta provincia, Kyō actualmente chámase Quioto.

Antiga provincia de Yamashiro.

Yamashiro limitaba coas provincias de Tanba (丹波), Settsu (摂津), Kawachi (河内), Yamato (大和), Iga (伊賀), Ōmi (近江) e Wakasa (若狭).