Provincia de Ōmi

provincia histórica do Xapón na illa de Honshu

Ōmi (近江国, おうみのくに, Ōmi-no-kuni ou 近江, おうみ) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a prefectura de Shiga, historicamente na parte Tōsandō (東山道), actualmente na rexión de Kinki, na illa de Honshū.

Antiga provincia de Ōmi

Ōmi limitaba coas provincias de Yamashiro (山城), Iga (伊賀), Ise (伊勢), Mino (美濃), Echizen (越前) e Wakasa (若狭).