Provincia de Westfalia

A provincia de Westfalia (en alemán Provinz Westfalen) foi unha provincia do reino de Prusia e do Estado Libre de Prusia desde 1815 a 1946.

HistoriaEditar

Napoleón Bonaparte fundou o reino de Westfalia, que foi un estado vasalo do Primeiro Imperio francés entre 1807 e 1813. Este estado compartía só o nome coa rexión histórica, consistindo principalmente das rexións de Hesse e Eastfalia, e unha parte relativamente pequena da rexión de Westfalia.

Malia que Prusia tiña historicamente posesións no territorio de Westfalia, o rei Federico Guillerme III preferiría incorporar primeiramente o reino de Saxonia. Non foi até o Congreso de Viena en 1815 cando se fixo realidade a provincia de Westfalia. A provincia formouse de distintos territorios:

En 1816, o distrito de Essen foi transferido á provincia do Rin.

EconomíaEditar

1907
18 % agricultura
59 % industria
11 % comercio

Despois da II Guerra MundialEditar

Despois da II Guerra Mundial, a provincia foi unida coa metade setentrional da provincia do Rin para formar o estado federado alemán de Renania do Norte-Westfalia en 1946, co antigo estado de Lippe en 1947.

 
Mapa da provincia de Westfalia (1905).

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar