Provincia de Shinano

Shinano (信濃国, しなののくに, Shinano-no-kuni ou 信濃, しなの) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a prefectura de Nagano, historicamente na parte Tōsandō (東山道), actualmente na rexión de Chūbu, na illa de Honshū.

Antiga provincia de Shinano

Shinano limitaba coas provincias de Mino (美濃), Hida (飛騨), Etchū (越中) e Echigo (越後), Kōzuke (上野), Musashi (武蔵), Kai (甲斐), Suruga (駿河), Tōtōmi (遠江) e Mikawa (三河).