Provincia de Hida

provincia histórica do Xapón na illa de Honshū

Hida (飛騨国, ひだのくに, Hida-no-kuni ou 飛騨, ひだ) foi unha provincia histórica do Xapón, nunha zona que hoxe forma a parte norte da prefectura de Gifu, historicamente na parte Tōsandō (東山道), actualmente na rexión de Chūbu ou rexión de Hokuriku, na illa de Honshū.

Antiga provincia de Hida

Hida limitaba coas provincias de Echizen (越前), Kaga (加賀), Etchū (越中), Shinano (信濃) e Mino (美濃).