Provincia Autónoma de Kosovo e Metohija (1946-1974)

A Provincia Autónoma de Kosovo e Metohija (serbio, croata, serbocroata: Autonomna Pokrajina Kosovo i Metohija, serbio cirílico: Аутономна Покрајина Косово и Метохија) foi unha provincia autónoma da República Socialista de Serbia, (República Federal Socialista de Iugoslavia) entre 1946 e 1974, ano en que foi substituída pola denominación de Provincia Autónoma Socialista de Kosovo (1974-1990).

Modelo:Xeografía políticaProvincia Autónoma de Kosovo e Metohija

Localización
Mapa
 42°40′37″N 21°10′05″L / 42.677, 21.168

Historia

editar

Durante o período de entreguerras, o nome de Kosovo asociouse cunha rexión específica, aínda que non existía como subdivisión política. O seu recoñecemento xurdiu despois do final da segunda guerra mundial e o establecemento do réxime comunista do Mariscal Tito.

A entidade de Kosovo existira como unha provincia otomá (Vilaiato de Kosovo). Parte do territorio da provincia otomá de Kosovo pasou a formar parte de Albania desde o Tratado de Londres de 1913.

En 1946, o que quedaba da provincia otomá dividiuse en partes, pasando unha delas para a nova República Socialista de Macedonia, mentres que outro fragmento pasou á República Socialista de Montenegro, tamén unha nova entidade, quedando a maior parte do seu territorio na República de Serbia, onde Kosovo estaba considerada como unha rexión histórica.

Kosovo converteuse oficialmente nunha provincia autónoma en 1963, aínda que o goberno comunista non permitiu o regreso de moitos dos refuxiados serbios. A Provincia Autónoma de Kosovo e Metohija foi recibindo cada vez máis autonomía para satisfacer á súa crecente poboación albanesa e, en 1974 se lle concedeu un goberno autónomo, pasando a denominarse Provincia Autónoma Socialista de Kosovo, dentro da República Socialista de Serbia, até 1990, en que volveu perder a autonomía, cando empezaron as guerras iugoslavas.