Protoporfirina IX
A protoporfirina IX é un composto tetrapirrólico con catro cadeas laterais (catro de metilo, dúas de vinilo e dúas de ácido propiónico), que pode coordinar un ión metálico na súa parte central. É un precursor da síntese do grupo hemo. Prodúcese a partir do protoporfirinóxeno IX pola acción da protoporfirinóxeno oxidase e convértese en hemo B por acción da ferroquelatase.
Protoporfirina IX | |
---|---|
Identificadores | |
Número CAS | 553-12-8 |
PubChem | 4971 |
ChEBI | CHEBI:15430 |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C34H34N4O4 |
Masa molecular | 562,658 g/mol |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
Biosíntese da protoporfirina IX
editarA protoporfirina IX é un importante precursor de grupos prostéticos bioloxicamente esenciais como o hemo, citocromo c, e clorofilas. Como resultado, moitos organismos poden sintetizar este tetrapirrol a partrir de precursores básicos como glicina e succinil-CoA, ou glutamato. Malia a gran cantidade de organismos que sintetizan a protoporfirina IX o proceso está moi conservado desde as bacterias aos mamíferos cunhas poucas excepcións entre as plantas superiores.[1][2][3]
Biosíntese do hemo B
editarNa biosíntese do hemo o encima ferroquelatase converte a protoporfirina IX en hemo B (tamén chamado Fe-protoporfirina IX ou protohemo IX).
Biosíntese da clorofila
editarNa biosíntese da clorofila, o encima magnesio quelatase converte a protoporfirina IX en Mg-protoporfirina IX.[4]
Pintas das cascas de ovos
editarA protoporfirina IX deposítase nas cascas de ovo dalgunhas aves dando lugar a unha coloración avermellada ou parda a pintas ou de fondo.[5]
Notas
editar- ↑ A. R. Battersby, C. J. R. Fookes, G. W. J. Matcham, E. McDonald (1980). "Biosynthesis of the pigments of life: formation of the macrocycle". Nature 285: 17–21.
- ↑ F. J. Leeper (1983). "The biosynthesis of porphyrins, chlorophylls, and vitamin B12". Natural Product Reports 19: 1137–1161.
- ↑ G. Layer, J. Reichelt, D. Jahn (2010). "Structure and function of enzymes in heme biosynthesis". Protein Science 19: 1137–1161.
- ↑ Ali E. Alawady, Bernhard Grimm. Tobacco Mg protoporphyrin IX methyltransferase is involved in inverse activation of Mg porphyrin and protoheme synthesis. The Plant Journal. Volume 41, Issue 2, pages 282–290, January 2005. [1]
- ↑ Gosler, Andrew G.; Connor, Oliver R.; Bonser, Richard H.C. Protoporphyrin and eggshell strength: preliminary findings from a passerine bird. Avian Biology Research, Volume 4, Number 4, December 2011 , pp. 214-223(10). [2] Arquivado 06 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine.