Pobo protoindoeuropeo

(Redirección desde «Protoindoeuropeos»)

O termo protoindoeuropeos refírese ós individuos pertencentes a unha etnia ou grupo de etnias da Idade do Cobre e a primeira Idade do Bronce, que falaban variantes da lingua protoindoeuropea e compartían unha cultura material e patróns culturais semellantes.

Resumo da proposta de expansión de pobos indoeuropeos, entre o 4000 a. C. e o 1000 a. C., de acordo coa hipótese kurgánica.

A cultura indoeuropea alcanzou certas vantaxes sobre outros pobos, como a gandaría equina, o carro ou a agricultura do trigo, e expandiuse até abarcar o espazo entre o círculo polar ártico, o sur de Portugal e a India. Estes pobos expresábanse nunha lingua con características similares ás que se falan hoxe na maior parte de Europa, Irán e a India, incluíndo linguas mortas como o latín ou o hitita.

A falta de escrita durante o período protoindoeuropeo privou ós historiadores de datos, pero algúns arqueólogos, como Marija Gimbutas, aventuran a hipótese dos kurgáns, segundo a cal o eixo común ás culturas indoeuropeas sería un conxunto de xentes seminómades que atopou os seus fundamentos materiais no cabalo, a roda, o desenvolvemento do metal, a agricultura e a gandaría. Entre as características culturais comúns ós protoindoeuropeos áchase unha relixión común politeísta con varios deuses celestiais. Posiblemente posuísen algunhas vantaxes tecnolóxicas que lles permitiron expandirse á conta doutros pobos, aínda que algúns autores argumentan sobre unha base arqueolóxica que a expansión foi pacífica.[1]

A cultura comparada permite conxeturar que posuían tradición poética, que usaron para cantar as fazañas dos seus deuses e heroes que parece ser antiquísima. A cultura indoeuropea parece constituír a raíz da civilización europea antiga, así como da civilización indoirania antiga.

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Renfrew, A.C. (1987): Archaeology and Language: The Puzzle of Indo-European Origins, Londres: Pimlico. ISBN 0-7126-6612-5
  • Thomas V. Gamkrelidze e Vjačeslav V. Ivanov (1995): Indo-European and the Indo-Europeans. A Reconstruction and Historical Analysis of a Proto-Language and a Proto-Culture, Berlín - Nova York.
  • J. P. Mallory e D. Q. Adams (2006): The Oxford Introduction to Proto-Indo-European and the Proto-Indo-European World, ISBN 978-0-19-929668-2.

Outros artigos editar