O progg foi un movemento musical esquerdista e anti-comercial sueco que comezou a finais dos anos 60 espallándose durante os 70 no momento do seu máximo apoxeo. Non debe confundirse coas expresións inglesas "progressive music" ou "prog rock". Progg é unha contracción da palabra sueca para o progresismo musical, progressiv musik. Aínda que había bandas de progg que tocaban rock progresivo, o movemento abarcou moitos xéneros musicais diferentes.

Gärdesfesten en 1970

O movemento político prog culminou ao redor do Festival de Eurovisión 1975, celebrado en Estocolmo despois da vitoria de ABBA o ano anterior. Este expresaba que "a música non pode ser un concurso" e celebrouse un "festival alternativo" como protesta.[1][2] Debido a este debate Suecia non participou no Festival de Eurovisión de 1976.[3]

O movemento progg estaba estreitamente ligado a movementos semellantes nas artes, teatro e deseño, ademais de estios de vida alternativos e visións esquerdistas. A pesar de ser un movemento político, algunhas bandas etiquetadas como progg non estaban aliñadas con ningunda axenda política. A xente que facía e escoitaba esta música foi chamada proggare en sueco.

Historia editar

As bandas alternativas comezaron a formarse a finais dos anos 60, pero o movemento emerxeu totalmente no verán de 1970. Ese ano celebrouse un gran festival de música alternativo no campo de Gärdet, en Estocolmo entre o 12 e 14 de xuño. O novo selo discográfico independente Silence Records publicou un recompilatorio con música do festival como o seu primeiro lanzamento, e asinou con algunhas das bandas que alí actuaron, como Träd, Gräs och Stenar e Gudibrallan. En 1971 creouse o selo MNW Music.

Durante a década dos 70 o movemento progg tivo unha forte posición na escena musical sueca. Porén, ao final da década o movemento comezou a decaer, xa que moitas das bandas disolvéronse e os foros musicais pecharon.Os ideais de esquerda volvéronse menos doinantes entre a xente nova, e a música rock e folk perderon popularidade coa aparición de novos xéneros como o hard rock ou a música electrónica.

Notas editar

  1. SVT (ed.). "Alternativfestivalen". Consultado o 14 de febreiro de 2017. 
  2. Svenska Filminstitutet (ed.). "Vi har vår egen sång - musikfilmen (1976)". Consultado o 14 de febreiro de 2017. 
  3. Eurovision (ed.). "Eurovision Song Contest 1976". Consultado o 14 de febreiro de 2017.