Profesor titular de universidade

rango académico

No sistema universitario español, un profesor titular de universidade é un docente pertencente ao corpo de funcionarios do Estado, que ten plena autonomía docente e investigadora.

Segundo a Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, coñecida como LOU, que entrou en vigor o 13 de xaneiro de 2002.[1] modificada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/2001.[2] pare acceder a unha praza de profesor titular de universdidade débese pasar previamente por un proceso de habilitación, un exame a nivel estatal que habilita ao candidato a presentarse a prazas de titular a calquera universidade española. Un requisito imprescindíbel per acceder ao proceso de habilitación é o de ser doutor, é dicir, ter realizado a tese de doutoramento na disciplina correspondente.

Ser profesor titular de universidade é tamén un requisito previo para acceder ao proceso de habilitación para optar a unha cátedra de universidade. Nalgunhas universidadess, ademais, se establecen proporcións obrigatorias entre uns e outros no seu cadro de persoal do profesorado; por exemplo, non pode habeer menos de 4 titulares de universidade por cada catedrático.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar