Proceso coracoide escapular

O proceso coracoide da escápula é unha apófise da parte cranial deste óso. Proxéctase cara a diante e serve para estabilizar o ombreiro.

Proceso coracoide escapular
Gray205 left scapula lateral view.png
Latín processus coracoideus
Gray tema #50 203

Estrutura

editar

É unha apófise curva, proxectada lateral e anteriormente, unida por unha base ao resto da escápula. A medida que curva, faise máis estreito. A dirección da apófise fai que teña unha porción vertical ou ascendente e unha horizontal. Pegado a porción vertical discorre o músculo subescapular.

A porción horizontal ten dúas superficies, unha superior e unha inferior. A superior é irregular, e serve para a inserción do músculo pectoral menor. Os bordos prestan inserción ao pectoral menor e ao ligamento coracoclavicular.

O vértice da apófise permite a inserción cranial do músculo coracobraquial e da porción curta do músculo bíceps braquial. Tamén permite a inserción da fascia coracoclavicular.

Na parte medial da base de implantación insírense o ligamento conoide e un pouco máis adiante e por fóra, o ligamento trapezoide. Na mesma base insírese o ligamento acromiocoracoide. No bordo lateral da base insírese o ligamento coracoumeral.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.