A Proba de Turing ou Test de Turing é o procedemento desenvolvido polo matemático inglés Alan Turing para identificar a existencia de intelixencia nunha máquina.

Fundaméntase na hipótese positivista de que, se unha máquina se comportase en todos os aspectos como intelixente, entón debe selo.

A proba consiste nun desafío. A máquina debe facerse pasar por humano nunha conversación cun home a través dunha comunicación de estilo chat. O suxeito non será avisado de que o outro interlocutor é unha máquina. Para que o test teña éxito, o humano non deberá decatarse disto. Consiste nunha serie de preguntas que fai un interrogador a outro humano e a unha máquina. O interrogador debe dicir quen é o humano e quen a máquina. Se non é capaz de decidirse, consideraríase esa máquina intelixente.

Existe unha versión modificada do test de Touring proposta por John Searle e popularizada por Roger Penrose, chamada sala chinesa. Aínda que se trata dun problema con enormes propostas filosóficas, esta nova proposta non achega nada ó problema.

Exemplos de aplicación

editar

Unha das aplicacións da proba é o control do spam. A proba de Turing poderase usar para eliminar un correo electrónico enviado por unha máquina.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar