Primitivo Blein Costas
comerciante e político galego
Primitivo Patricio Blein Costas, nado en 1839 e finado en Vigo o 26 de marzo de 1900, foi un comerciante e político galego, tres veces alcalde de Vigo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1839 valor descoñecido |
Morte | 26 de marzo de 1900 (60/61 anos) Vigo, España |
Alcalde de Vigo | |
1894 – 1895 ← Francisco Molíns Pascual – Marcelino Astray de Caneda → | |
Alcalde de Vigo | |
1889 – 1890 ← Eduardo Iglesias Añino – Norberto Velázquez Barrio → | |
Alcalde de Vigo | |
1873 – 1873 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | comerciante , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | Enrique Blein Budiño |
Traxectoria
editarFillo de Francisco Blein Costas. Foi emigrante en América. Dono dunha ferretería e almacén de ferro, cobre, latón e outros artigos en Vigo. Foi alcalde de Vigo na Primeira República Española. Logo foi concelleiro dende 1881. Foi alcalde novamente en 1890. E volveu tomar posesión como alcalde de Vigo o 1 de xaneiro de 1894.[1] Permaneceu no cargo até xullo de 1895. Finou en Vigo o 26 de marzo de 1900.[2]
Predecesor: - |
Alcalde de Vigo 1873 |
Sucesor: -
|
Predecesor: Eduardo Iglesias Añino |
Alcalde de Vigo 1889-1890 |
Sucesor: Norberto Velázquez Barrio |
Predecesor: Francisco Molíns Pascual |
Alcalde de Vigo 1894-1895 |
Sucesor: Marcelino Astray de Caneda |
Vida persoal
editarCasou en segundas nupcias con Julia Budiño Taboada e foi pai de Enrique Blein Budiño.
Notas
editar- ↑ "Por reales órdenes de Gobernación han sido hechos los siguiente nombramientos de alcaldes..." La Correspondencia de España 28/12/1893.
- ↑ Diario de Pontevedra, 27-3-1900, p. 3.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Martín, Gerardo (2017). Diccionario de vigueses (1875-1945). Retazos de historia local a través de la vida de más de 1700 personajes. Pontevedra: Deputación Provincial. pp. 120–122. ISBN 978-84-8457-448-4.