Priests é unha banda estadounidense de punk rock formada en 2012. Os seus membros son Katie Alice Greer (voces), Daniele Daniele (batería), Taylor Mulitz (baixo) e GL Jaguar (guitarra). Priests dirixe o selo independente Sister Polygon Records, que publicou traballos de artistas como Downtown Boys, Snail Mail, Shady Hawkins, e outras bandas locais de D.C. Despois de dúas cintas auto-editadas e un sinxelo de 7" o grupo asinou un contrato con Don Giovanni Records.[1]

Priests
OrixeWashington, D.C.,
Período2012 - presente
Xénero(s)post-punk, punk rock
Selo(s) discográfico(s)Don Giovanni Records, Sister Polygon Records
MembrosKatie Alice Greer
Daniele Daniele
Taylor Mulitz
GL Jaguar
Na rede
666priests666.com

Priests publicou o seu álbum de estrea, Nothing Feels Natural, en xaneiro de 2017 a través do selo Sister Polygon Records. O seu segundo traballo, The Seduction of Kansas, será editado no mes de abril de 2019.

Discografía editar

Álbum Ano Selo
Nothing Feels Natural 2017 Sister Polygon Records
The Seduction of Kansas 2019 Sister Polygon Records

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Notas editar