Presidente de Mongolia

O Presidente de Mongolia (mongol: Монгол Улсын Ерөнхийлөгч, Mongol Ulsyn Yerönkhiilögch) é o xefe de estado de Mongolia.[1] A Constitución de Mongolia contempla o sistema parlamentario, polo que malia ter un poder político significativo, o rol do Presidente é tamén cerimonial.

Escudo de Mongolia.

Lista de presidentes (dende 1992)Editar

Retrato Nome
(Nado–finado)
Eleccións Lexislatura Partido
1   Punsalmaagiin Ochirbat
Пунсалмаагийн Очирбат
(1942– )
3 de setembro de 1990 6 de xuño de 1993 Partido Revolucionario do Pobo
(1) 1993 6 de xuño de 1993 20 de xuño de 1997 Partido Socialdemócrata
2   Natsagiin Bagabandi
Нацагийн Багабанди
(1950– )
1997 20 de xuño de 1997 6 de xuño de 2001 Partido Revolucionario do Pobo
2001 6 de xuño de 2001 24 de xuño de 2005
3   Nambaryn Enkhbayar
Намбарын Энхбаяр
(1958– )
2005 24 de xuño de 2005 18 de xuño de 2009 Partido Revolucionario do Pobo
4   Tsakhiagiin Elbegdorj
Цахиагийн Элбэгдорж
(1963– )
2009 18 de xuño de 2009 10 de xullo de 2013 Partido Demócrata
2013 10 de xullo de 2013 10 de xullo de 2017
5   Khaltmaagiin Battulga 2017 10 de xullo de 2017 25 de xuño de 2021 Partido Demócrata
6   Ukhnaagiin Khürelsükh 2021 25 de xuño de 2021 presente Partido do Pobo de Mongolia

NotasEditar

  1. Montsame News Agency. Mongolia. 2006, ISBN 99929-0-627-8, p. 42