Preparacionismo

movemento de persoas que toman medidas para sobrevivir a un posible caos social xeneralizado

O preparacionismo, tamén chamado supervivencialismo ou survivalismo é o movemento de persoas que toman medidas para sobrevivir a un posible caos social xeneralizado, tanto a nivel local, nacional ou internacional. Os preparacionistas tenden acumular alimentos, coñecementos, armas e estratexias que lles permitan superar calquera situación.

Historia editar

O movemento preparacionista (ou prepper en lingua inglesa), naceu nos Estados Unidos de América na década de 1930[1], polo temor a que un novo crack económico como o da crise de 1929 acabase de esnaquizar a economía mundial; o fenómeno disparouse coa guerra fría entre os EUA e a Unión Soviética cando se dispararía o fenómeno.

Autores como John Wesley Rawles conseguiron fama mundial como impulsores deste movemento cos seus manuais e as súas novelas ambientadas en contornas apocalípticas onde só os que se prepararon facendo provisión de víveres, sobreviven.

Tipos de preparacionistas editar

Os preparacionistas divídense en categorías segundo o temor contra o que se preparan, podendo existir caso nos que tomen medidas para varios escenarios posibles sen sentirse identificados co resto.

Entre os diversos temores están a escaseza de combustibles, a crise económica, un desastre natural como un supervolcán como o que se atopa baixo o parque estadounidense de Yellowstone, o cambio climático, a guerra nuclear, a invasión zombie, unha pandemia mundial, o Xuízo Final ou unha invasión extraterrestre.

Preparacionismo en España editar

O movemento non chegou a España como tal ata ben entrada a Guerra Fría, na que se estendeu o temor no mundo dunha guerra nuclear, o que levou a moitas institucións e cidadáns a construír refuxios nucleares. A partir de entón, e por influxo norteamericano o movemento foi crecendo e creando unha comunidade, en especial en Internet[2].

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar