Premio de Investigación Ramón Baltar Feijoo

premio de investigación galego

O Premio de Investigación Ramón Baltar Feijoo é un premio que procura contribuír ao fomento do estudo do período histórico relativo ao fondo documental Ramón Baltar Feijoo. Convócao cada dous anos a Fundación Rosalía de Castro desde 2018.[1]

Obras galardoadas

editar
  • 2018: Cantos de independencia e liberdade, de María Xesús Lama, (Galaxia, 2017) e A nosa terra é nosa: a xeira das Irmandades da Fala 1916-1931, de Emilio Ínsua (Baía, 2016) ex aequo[2]
  • 2020: As orixes da fotografía en Galicia, de Carlos Castelao (Alvarellos, 2018)
  • 2022: Irmandiñas, de Aurora Marco (Laiovento, 2020)
  • 2024: Querida liberdade. Vida e obra dun precursor do Rexurdimento: Antolín Faraldo, de Xurxo Martínez (Alvarellos, 2022)[3]
  1. "Premio de investigación e ensaio Ramón Baltar Feijóo". Fundación Rosalía de Castro. 
  2. "María Xesús Lama e Emilio Ínsua reciben 'ex aequo' o I premio de investigación Ramón Baltar". Cultura Galega. 3 de decembro de 2018. Consultado o 3 de decembro de 2018. 
  3. "O libro sobre Antolín Faraldo de Xurxo Martínez gaña o Premio Baltar". Fundación Rosalía de Castro. 5 de decembro de 2024.