Premio Nacional de Iniciativa cultural
O Premio Nacional de Iniciativa cultural foi un galardón outorgado pola Xunta de Galicia e concedido por un xurado de quince persoas de distintos ámbitos da cultura galega, como un dos dez Premios Nacionais da Cultura Galega.
Os premios concedéronse a proxectos, actividades e entidades que destacasen ese ano polo seu labor nese campo da promoción da cultura ou da creación cultural, ou en recoñecemento a proxectos continuados ao longo de varios anos. O premio convocouse unicamente en 2008, edición na que os galardoados reciben 15.000 euros de premio. O galardoado ou galardoada anúnciase no mes de maio.
Aínda que con vocación de continuidade, a mudanza de goberno producida en 2009 supuxo a interrupción da convocatoria. Ao creárense en 2010 os Premios da Cultura Galega definiuse como continuadora a categoría Premio Cultura Galega á Promoción Cultural de Galicia.