Precuela de Harry Potter
A precuela de Harry Potter é unha historia de 800 palabras escrita por J. K. Rowling e publicada na rede o 11 de xuño de 2008. Situada tres anos antes do nacemento de Harry Potter, a acción narra unha anécdota de Sirius Black e James Potter.
Precuela de Harry Potter | |
---|---|
Tipo | obra literaria ![]() |
Forma artística | conto ![]() |
Xénero artístico | fantasía ![]() |
Linguas
| |
Franquía | Wizarding World ![]() |
Autoría | |
Autor/a | J. K. Rowling ![]() |
Creador/a | J. K. Rowling ![]() |
Temática | |
Universo ficticio | Universo de Harry Potter ![]() |
Personaxes
| |
Publicación | |
Data publicación | |
Lugar publicación | Reino Unido ![]() |
País orixe | Reino Unido ![]() |
Datas | |
Data de creación | 2008 ![]() |
Cronoloxía | |
Número de | |
Parte da serie | Harry Potter ![]() |
Páxinas | 2 ![]() |
[ Wikidata ] |
Argumento
editarDous axentes da policía muggle, o oficial Anderson e o sarxento Fisher, van á caza dunha motocicleta que supera o límite de velocidade nunha travesa sen saída. Enfróntanse aos dous mozos que van na moto e pídenlles os nomes. Despois dalgunhas bromas, os cativos preséntanse como Sirius Black e James Potter. Mentres os policías intentan arrestalos por conducir superando o límite de velocidade e sen o casco, aparecen voando sobre vasoiras tres Devoradores da Morte que se dirixen cara a eles. James e Sirius usan as súas variñas para elevar o coche dos policías e empregalo de barreira, contra a que impactan os tres meigos. Despois de facelo, Sirius e James foxen e deixan aos policías asustados na canella.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Harry Potter Prequel, texto na Harry Potter Wiki (en inglés).