Precesión
O movemento de precesión e un fenómeno físico vinculado a rotación e translación, aínda que o caso máis coñecido é o da precesión rotacional da Terra, todos os obxectos celestes ao xirar mostran precesión, e tamén ao trasladarse, polo mutuo efecto de atracción gravitacional entre dous ou máis corpos.
No caso da translación, resulta máis difícil de observar pois tense que calcular o eixo do sistema gravitatorio ou centro de masas. A precesión traslacional tamén se chama precesión orbital. A nutación é un exemplo de precesión orbital entre varios corpos, neste caso o sistema Terra-Lúa, co seu propio eixo, en relación co de ambos corpos co Sol, este sistema gravitatorio triplo (o problema dos tres corpos) produce efectos de marea na Terra, que son en última instancia, os que explican a nutación.
O movemento de precesión (movemento para atrás) do eixo terrestre en relación á esfera celeste coloca as prolongacións do eixo, os polos celestes norte e sur, apuntando para diferentes estrelas no decorrer do tempo. Un ciclo completo dura aproximadamente 26.000 anos, ao fin do cal os polos celestes apuntarán para a mesma estrela novamente. A precesión vese alterada polos movementos de nutación e translación terrestres, xunto con outras perturbacións menores do xiro causadas polo Sol, a Lúa (que equilibra o xiro) e outros planetas, o bambeo de Chandler, e outros movementos do manto e da superficie terrestres, polo que o valor da precesión debe ser recalculado periodicamente. O ciclo completo sen perturbacións dura uns 26.000 anos, polo que cada ano [1].
Este movemento forma un círculo imaxinario por onde pasan as chamadas estrelas polares (Polaris, Deneb, Vega, e Thubán) que se van alternando nesa posición ao longo do tempo. Debido a este movemento, o equinoccio (data en que día e noite teñen a mesma duración) de primavera pasa a acontecer coa entrada do Sol en diferentes constelacións da eclíptica. A este fenómeno déuselle o nome de precesión dos equinoccios.
O efecto dá lugar a un círculo imaxinario que ten por radio o valor da desviación do ecuador celeste respecto da eclíptica, uns 23,5 graos.
Historia
editarA precesión foi coñecida na antigüidade, foi o astrónomo grego Hiparco de Nicea o primeiro que a calculou no ano -130, ao descubrir que seus cálculos respecto da posición da estrela "Spica" en relación a posición do sol no equinoccio de outono non se correspondian cos feitos polos astrónomos Timocares e Aristilo 169 anos antes, que estaban desfasados respecto dos seus uns dous graos, tal como nolo conta Tolomeo no "Almagesto". Como se pode observar o cálculo de Hiparco era moi próximo ao actual (tendo en conta ademais que o valor da precesión e variable). Hiparco concluíu pois que o punto de Aries precedía máis de 1 grao por século, pola mesma razón denominouno precesión dos equinoccios. Dentro do modelo xeocéntrico, o eixo atopábase no ceo que xiraría arredor da Terra e o polo na terra, o modelo defendido por Tolomeo, por iso aínda hoxe falamos de polo norte e polo sur terrestres; e pola mesma razón, falamos de precesión dos equinoccios cando o que precesiona é o planeta Terra respecto dos puntos equinocciais previos.
Foi Isaac Newton o que postulou que a causa principal da precesión debíase ao achatamento da terra no ecuador, feito que se comprobaría máis tarde de forma experimental. No ano 1930 o astrónomo serbio Milutin Milanković vinculou a precesión dos equinoccios aos cambios climáticos da Terra, formulando a "Teoría de Milanković", ou tamén "ciclos de Milutin Milanković".
Notas
editar- ↑ Conceptos básicos de voo espacial, do JPL, NASA.
- ↑ Vondrák, J.; Capitaine, N.; Wallace, P. (2011-10-01). "New precession expressions, valid for long time intervals". Astronomy & Astrophysics (en inglés) 534: A22. ISSN 0004-6361. doi:10.1051/0004-6361/201117274.