Praza de touros Monumental de Pamplona
A Praza de Touros de Pamplona é a praza de touros proxectada en 1920 no Segundo Ensanche de Pamplona para festexar as corridas de touros. É a maior praza de Navarra, a terceira maior do mundo en canto a aforamento (hai uns 19.720 espectadores, tras a última reforma para cumprir a normativa de seguridade), e é mundialmente coñecida polos encerros da Feira de San Fermín, que teñen lugar anualmente entre o 7 e o 14 de xullo. Actualmente tamén se utiliza para concertos e espectáculos.
Praza de touros Monumental de Pamplona | |
---|---|
Exterior da Praza de Touros de Pamplona. En primeiro plano a porta da ruela, por onde entran os corredores e touros nos encerros | |
Coordenadas | 42°48′57″N 1°38′22″O / 42.815866, -1.639548Coordenadas: 42°48′57″N 1°38′22″O / 42.815866, -1.639548 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Desde a súa construción é propiedade da Casa de Misericordia de Pamplona, que á súa vez é quen xestiona o seu uso e os espectáculos que nela se producen.
Historia
editarInaugurouse para os Sanfermines, o 7 de xullo de 1922, realizada polo arquitecto Francisco Urcola, cunha capacidade de 13.620 localidades. Utilizáronse os novos materiais do momento, como o formigón armado, pero con formas historicistas, con aspecto clásico. O seu corpo principal resólvese ao xeito dun grande arco de triunfo, con galería superior e crestería de clara orixe plateresco e ao renacemento remite a orde xigante empregado, xónico no corpo principal e dórico ao redor do rodo.
En 1966 foi reformada por Rafael Moneo coa colaboración do enxeñeiro Carlos Fernández Casado, mediante concurso, ampliando a estrutura existente de formigón expóndoa á vista cunha serie de costelas triangulares, e logrando un aforamento de 19.529 espectadores.
Durante as obras realizadas entre 2004 e 2005 para cumprir a normativa de seguridade, reducíndose o número de prazas, atopouse na zona do coso unha fonte e unha canle do século XVI que abasteceu ao burgo de Navarrería ata 1852,[1] unha ponte tamén do século XVI, e restos do desaparecido Revellín de la Tejería das murallas.
Prazas de touros anteriores en Pamplona
editarA primeira praza de touros fixa que tivo Pamplona foi en 1844. Esta aguantou ata 1849 que se decidiu demoler dada a feble estrutura, e realizar outra que se inaugurou para os Sanfermines de 1852. Nestes tres anos volveuse a utilizar unha praza de touros provisional. A praza de touros vella estaba situada na actual avenida de Carlos III no seu parte inicial dese a rúa Cortes de Navarra. Para a realización do Segundo Ensanche acordouse en 1920 entre o Concello e a Casa da Misericordia de construír unha nova praza (a actual), para inaugurar en 1922. A polémica existente de se debía estar construída a nova antes de derruír a vella acabouse cando se produciu un incendio o 12 de agosto de 1921. Hai sospeitas de que este foi provocado pois hai referencias de cheiro estraño, que recordaba á gasolina, que con todo nunca se puido probar.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praza de touros Monumental de Pamplona |
Ligazóns externas
editar- A Praza de Touros na páxina da Feira do TouroArquivado 11 de setembro de 2013 en Wayback Machine. (en castelán)