Praza Stanislas
A Praza Stanislas, coñecida coloquialmente como praza Stan, é unha gran praza peonil de Nancy, Lorena, Francia. Dende 1983, o conxunto arquitectónico que comprende a Praza Stanislas, a Praza de la Carrière e a Praza d'Alliance, están incluídas na lista da UNESCO de lugares Patrimonio da Humanidade.
Place Stanislas, Place de la Carrière e Place d'Alliance | |
---|---|
Vista da Praza Stanislas | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Francia |
Localización | Coordenadas: 48°41′37″N 6°11′00″L / 48.693611111111, 6.1833333333333 |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, IV |
Inscrición | 1983 (7ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 229 |
Características
editarOs arquitectos Emmanuel Héré e Jacques-François Blondel foron os encargados do seu deseño. Ten unhas proporcións de (106 x 124 m) e está rodeada polas súas esquinas dunha ferrería monumental recuberta de follas de ouro obra do escultor Jean Lamour. No seu centro, onde outrora se erguía a estatua de Lois XV, hoxe está a estatua en bronce de Stanislas Leszczyński.
A praza é o centro neurálxico e histórico de Nancy, e está rodeada por importantes edificios que ademais forman parte do seu conxunto, como:
- L’Hotel de Ville
- O Hotel da raíña
- O Teatro da Ópera
- O Museo de Belas Artes