Abrir o menú principal

Praia de Area de Secada

(Redirixido desde "Praia de Area da Secada")

Area de Secada é a praia máis visitada da Illa de Arousa. É un areal de 250 metros de area fina e branca. Sitúase no norte da Illa de Arousa e os accesos a ela son por camiños de terra, aínda que os de saída dela están asfaltados. Está dotada dunha pasarela que a percorre dende o IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) ata a fin da praia; Dispón de tódolos requisitos para ter a bandeira azul (bandeira que conseguiu en 2007 xunto coa praia de Camaxe na mesma Illa). Está bastante afastada do centro urbano da Illa e polo tanto dos centros médicos, hospitais, hoteis etc.

É salientable tamén que sexa unha praia moi profunda, polo que aínda en baixamar non hai que andar nin 10 metros para que a profundidade sexa superior á altura dunha persoa.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre unha praia de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.