Praia de Alba
praia en Arteixo
A praia de Alba ou praia de Sabón está situada no concello de Arteixo, en pleno polígono de Sabón. Ao seu carón estase a construír o porto exterior da Coruña en Punta Langosteira.
Praia de Alba | |
---|---|
![]() Praia de Alba. | |
Coordenadas: 43°19′45″N 8°30′31″O / 43.32905, -8.50863 | |
![]() ![]() ![]() | |
Características xerais | |
Localización | Arteixo |
Lonxitude | 800 m |
Grao de ocupación | Media |
Grao de urbanización | Algún |
Paseo marítimo | ![]() |
Características específicas | |
Tipo de area | Fina e branca |
Condicións do baño | ![]() |
Aspectos medioambientais | |
Bandeira Azul | Si |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Accesible a discapacitados | ![]() |
Tipo de acceso | Peonil con aparcadoiro |
Sinalización do acceso | ![]() |
A praia pecha o polígono de Sabón cara ao océano. Nos seus extremos desemboca o río Arteixo e o encoro de Rosadoiro xunto ao cal está a Central térmica de Sabón. A praia ten paseo peonil e para bicicletas, aparcadoiro e servizo de vixilancia en verán.