Praia Ornanda
areal en Miñortos, Porto do Son
A praia Ornanda (tamén coñecida como Revolar e popularmente As Gaivotas) é unha praia galega situada na parroquia de Miñortos, en Porto do Son. Ten unha lonxitude de 300 metros e unha anchura de 40 metros. Nun dos extremos da praia desemboca o rego Ornanda.
Praia Ornanda | |
---|---|
Vista da praia Ornanda. | |
Características xerais | |
Lonxitude | 300 m |
Largo medio | 40 m |
Grao de ocupación | Alto |
Grao de urbanización | Urbana |
Paseo marítimo | Non |
Características específicas | |
Tipo de area | Fina |