Praestamarcos

(Redirección desde «Praestamáricos»)

Os praestamarcos (latín: Celtici Praestamarici) foron un pobo galaico, situado no convento xurídico lucense. A súa situación corresponde aproximadamente á actual comarca do Barbanza, entre as rías de Arousa, Muros e Noia.

Situación aproximada da pobo dos célticos praestamarcos na provincia romana da Gallaecia.

Fontes editar

Pomponio Mela precisa que polas terras destes decorren os ríos Tambre e Sar (de feito é o río Tambre o que lles dá o nome):

Partem quae prominet Praesamarchi habitant, perque eos Tamaris et Sars flumina non longe orta decurrunt, Tamaris secundum Ebora portum, Sars iuxta turrem Augusti titulo memorabilem.
Pomponio Mela, Chorographia Liber III.7.

Plinio o Vello aclara tamén:

promunturium Celticum, amnes Florius, Nelo. Celtici cognomine Neri et super Tamarci, quorum in paeninsula tres area Sestianae Augusto dicatae, Copori, oppidum Noeta, Celtici cognomine Praestamarci, Cileni. ex insulis nominandae Corticata et Aunios.

No Parroquial suevo aparecen mencionados os praestamarcos, mais xa non como tribo, senón como unha división eclesiástica dependente da de Iria.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar