Glumela

(Redirección desde «Prófilo»)

A glumela é unha bráctea que arrodea a flor das gramíneas formada por dúas pezas con forma de escama.

En xeral denominamos prófilo á primeira bráctea dunha póla axilar que está disposta do lado oposto aos nomófilos. Nas Monocotiledóneas é bicarenada e polo dorso, cóncavo, acaróase ao eixo que leva a póla. Nas espiguiñas das poáceas ou gramíneas o prófilo recibe o nome de glumela superior.

Denomínase bractéola á bráctea pequena situada no eixo lateral dunha inflorescencia.