Postal é o segundo álbum de estudio da banda galega de indie rock Chicharrón, publicado o 9 de marzo de 2016 a través do colectivo artístico Prenom. Ao igual que o seu primeiro traballo, Chicharrón, o disco foi gravado e mesturado no estudio A Ponte de Villestro por Tomás Ageitos. A masterización realizouna Ibán Pérez no estudio Terraforma no Hío.[1]

Postal
Álbum de Chicharrón
Publicado9 de marzo de 2016
Estudio(s)A Ponte, Villestro
Xénero(s)indie rock
Selo(s)Prenom
Producido porRubén Domínguez
Cronoloxía
Chicharrón Postal Cancións clínicas

Neste álbum participaron os membros orixinais da banda (Alberto Vecino, Diego Gende e Rubén Domínguez), ademais das dúas novas incorporacións, Mar Catarina (teclados) e Xurxo Meis (batería).[2] Domínguez pasaríase ao baixo e ademais encargouse das tarefas de produción. Colaboraron tamén na gravación Tomás Ageitos e Mara Pérez, que posteriormente acabaría uníndose a Chicharrón.[1]

En Postal as composicións están todas en galego, a diferenza do seu anterior disco no que están en castelán. Alberto Vecino explicou este cambio dicindo que "entre nós falamos galego, así que o son Chicharrón era máis lóxico que fose en galego".[2] No disco tamén abandonan a sonoridade acústica da súa primeira entrega incorporando máis guitarras eléctricas.[1]

Listaxe de cancións

editar

Tódolos temas escritos e compostos por Chicharrón

N.º Título Duración
1. "Despois do baile"   2:59
2. "O teu costume do azar"   3:48
3. "Suicidio tímido"   2:09
4. "Xi"   2:42
5. "A verdade de calquera fonte"   3:47
6. "A elegancia da alegría"   5:31
7. "Renunciando aos meus poderes"   3:23
8. "Ensíname a durmir"   1:55
9. "Que non farías ti por non perdelo"   3:05
10. "O aplauso do lanzador de disco"   3:08
11. "Campos de adestramento eternos"   4:47
12. "A túa presa"   1:51
  1. 1,0 1,1 1,2 "Postal by Chicharrón". Bandcamp. Consultado o 15 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Chicharrón". La Fonoteca. Consultado o 15 de outubro de 2018.