Portal:Illa de Man/Biografía destacada/3

Robert "Bob" Corteen Carswell, nado 1950, é un escritor, presentador de radio e activista da lingua manx, galardoado en 2013 co premio da Manx Heritage Foundation Reih Bleeaney Vanannan polas súas contribucións á cultura manx. Ostenta o posto cerimonial de Yn Lhaihder.

Bob Carswell entrou en contacto pola primeira volta co manx a través da lectura, o clásico os textos clásicos First Lessons in Manx de Edmund Goodwin mais unha edición de 1775 Conaant Noa (Novo Testamento). A principios da década de 1970 converteuse en socio e logo directivo da sociedade para a promoción da lingua manx, Yn Çheshaght Ghailckagh. Grazas ao labor nesta asociación entrou en contacto co mundo da radio a finais da década de 1970 ao se facer cargo voluntariamente dun espazo semanal de 15 minutos que Manx Radio lle concedeu a difusións en lingua manx. As súas achegas incluían novas e comentarios, así como tamén históricas cómicas, pequenas pezas teatrais e documentais. Con posterioridade entrou a formar parte do Gaelic Broadcasting Committee, ademais está considerado unha das voces máis importantes da radiodifusión en manx. Presenta os programas semanais en manx Claare ny Gael, espazo no que difunde a vida mais a cultura en manx, a través da riqueza das tradicións e da música", Traa dy Liooar e mais o bilingüe Shiaght Laa.