Portal:Diversidade sexual/Biografía destacada/Arquivo

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Diversidade sexual:

1Editar

Leelah Alcorn, nada o 15 de novembro de 1997 en Kings Mills (Ohio), e finada o 28 de decembro de 2014, foi unha rapaza transxénero estadounidense cuxo suicidio atraeu a atención dos medios nacionais e internacionais. Alcorn publicara unha nota de suicidio no seu blog de Tumblr, escribindo sobre estándares sociais relacionados coas persoas transxénero e expresando esperanza en que a súa morte crearía un diálogo sobre a discriminación, abuso e falta de apoio para as persoas transxénero.

Asignada ó xénero de varón no seu nacemento como Joshua Alcorn, criouse en Ohio no seo dunha familia afiliada co movemento da Igrexas de Cristo. Ós 14 anos de idade indicoulle a súa condición de transxénero ós seus pais, que rexeitaron aceptar a súa identidade de xénero feminina. Ós 16 anos de idade denegáronlle a súa petición de someterse a terapia de reasignación sexual, someténdoa no seu lugar a unha terapia de conversión cristiá coa intención de convencela de que rexeitase a súa identidade de xénero e aceptase o xénero que lle asignaran ó nacer. Tras revelarlles ós seus compañeiros de clase que lle atraían os varóns, os seus pais sacárona da escola e prohibíronlle o acceso ás redes sociais. Na súa nota de suicidio Alcorn citou a soidade e a alienación como motivos chave da súa decisión de poñer fin a súa vida e culpou ós seus pais por causar estes sentimentos.

Alcorn dispuxo a publicación en liña da súa nota de suicidio varias horas despois da súa morte, atraendo en pouco tempo a atención internacional dos medios e redes sociais. Varios activistas LGTB reclamaron atención para o suceso cualificándoo como unha proba dos problemas sufridos pola xuventude transxénero. Pouco despois do seu suicidio comezou unha campaña de peticións para o establecemento da chamada "Lei de Leelah", a prohibición da terapia de conversión nos Estados Unidos, apoiada polo entón presidente do país Barack Obama. Ó ano seguinte a cidade de Cincinnati aprobou unha lei para a ilegalización da terapia de conversión.


2Editar

Harvey Bernard Milk, nado en Nova York o 22 de maio de 1930 e falecido en San Francisco o 27 de novembro de 1978, foi un político e activista norteamericano, o primeiro político abertamente gai elixido para un cargo público en California. Milk trasladouse dende Nova York ata San Francisco no ano 1972, coincidindo cun aumento do colectivo gai no Distrito Castro. Axudouse do crecemento político e do poder adquisitivo deste distrito para promocionar os seus intereses, presentandose a un cargo público en tres ocasións. As súas campañas "teátricas" aumentaron a súa popularidade, sendo elixido para o posto de supervisor de distrito no ano 1977. Milk serviu case 11 meses neste posto e foi responsable da aprobación dunha rigorosa ordenanza municipal a prol dos dereitos dos gais. O 27 de novembro de 1978 Milk e o alcalde George Moscone foron asasinados por Dan White, outro supervisor que dimitira recentemente pero quería recuperar o seu posto de traballo.

Malia a súa curta carreira política Milk converteuse nunha icona en San Francisco e nun mártir para a comunidade gai. No ano 2002, Milk foi cualificado como o "funcionario LGBT máis famoso e significativamente aberto nunca elixido nos Estados Unidos". Anne Kronenberg escribíu del: "O que diferenciaba a a Harvey de ti ou de min é que el era un visionario. Imaxinaba un mundo xusto na súa cabeza e entón dispoñíase a crealo na realidade, para todos nos". Sobre a súa vida téñense escrito distintas obras, un extenso documental de televisión (The Times of Harvey Milk) e un filme (Milk) dirixido por Gus Van Sant, con Sean Penn no papel de Milk, estreado en 2008. O presidente Barack Obama impúxolle a título póstumo a medalla presidencial da liberdade o 12 de agosto de 2009.


3Editar

Portal:Diversidade sexual/Biografía destacada/3

4Editar

Portal:Diversidade sexual/Biografía destacada/4

5Editar

Portal:Diversidade sexual/Biografía destacada/5

6Editar

Portal:Diversidade sexual/Biografía destacada/6

7Editar

Portal:Diversidade sexual/Biografía destacada/7

8Editar

Portal:Diversidade sexual/Biografía destacada/8

9Editar

Portal:Diversidade sexual/Biografía destacada/9

10Editar

Portal:Diversidade sexual/Biografía destacada/10