Portal:Colombia/Lugar de interese/5

Medellín é unha cidade situada ó noroeste de Colombia, no centro do val de Aburrá e á beira do río Medellín. É a capital do departamento de Antioquia. Segundo o censo de 2005, tiña 2 223 078 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do país. A súa área metropolitana, conformada por outros 9 municipios, ten unha poboación de 3 312 165 habitantes, sendo a segunda aglomeración urbana de Colombia.

É un dos principais centros culturais de Colombia. É sede de importantes festivais de ampla traxectoria e recoñecemento, tanto local, nacional e internacional. Tamén destaca a súa actividade académica e científica, xa que algunhas das universidades colombianas máis importantes teñen a súa sede na cidade.