Portal:Colombia/Artigo destacado/10

A lingua muisca ou chibcha é unha lingua case extinta da familia chibcha de Colombia, falada polo pobo muisca, unha das catro civilizacións indíxenas de América. Os muiscas habitaban nas terras altas centrais (Altiplano Cundiboyacense) do que hoxe se coñece como Colombia.

O nome da lingua, Muysccubun ou muyskkubun na súa propia lingua significa "lingua do pobo" ou "lingua dos homes", de muyska / muysca ("xente" ou "home") e kubun / cubun ("lingua" ou "verba"). O termo chibcha quere dicir "mira, home!".

Importantes estudosos que constribuíron ó coñecemento da lingua muisca foron Juan de Castellanos, Bernardo de Lugo, José Domingo Duquesne e Ezequiel Uricoechea.