Juan de Castellanos
Juan de Castellanos, nado en Alanís, Sevilla o 9 de marzo de 1522, finado en Tunja, Colombia o 27 de novembro de 1607, foi un explorador, militar e sacerdote español.[1] Como un dos cornistas españois en América, atribúenselle coñecementos sobre os pobos indíxenas da rexión, principalmente os muiscas e a súa lingua.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1522 Alanís, España |
Morte | 27 de novembro de 1607 (85 anos) Tunja, Colombia |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico, poeta, historiador |
Obra | |
Obras destacables | |
Biografía
editarNaceu o 9 de marzo de 1522 sendo fillo de labregos, era un neno cando abandonou a súa vila para irse a Sevilla baixo a tutela do bacharel Miguel de Heredia, para estudar latín, gramática, preceptiva, poesía etc, na Escola de Estudos Xerais en Sevilla. Moi novo, con dezasete anos e quizais sen o permiso familiar, marchou como soldado a América en compañía do seu coterráneo Baltasar de León, fillo do soldado Juan de León; pero en San Xoán de Porto Rico empezou a axudar ó bispo da illa e, falecido este, estivo en Santo Domingo, Aruba, Bonaire e Curaçao, dedicado a secuestrar indíxenas para o comercio de escravos.
En 1541 chegou á illa de Cubagua ou "das Perlas", onde, "con axuda dos nativos", dedicouse á industria que lle daba nome. Co mesmo propósito estivo en Illa de Margarita e en Trinidad. En 1544 pisou por primeira vez Terra Firme, en concreto o Cabo da Vela, onde seguiu co comercio das perlas e foi pai dunha nena, Gerónima. Despois pasou por Santa Marta, Salinas de Tapei e finalmente chegou a Cartaxena de Indias en 1545. Fixo algunhas incursións ó interior, ás veces con ambicións mineiras, como en Gualacha e Maconchita e descubriu Hungría.[2]
En 1550 fundou a vila de Valledupar xunto a Hernando de Santana e empeza os trámites para ordenarse como sacerdote, o que consegue en Cartaxena de Indias en 1559. Antes, en 1552, embarcouse xunto ó capitán Pedro de Ursúa, pero abandonouno cando quixo pasar ó Perú.
En Cartaxena de Indias exerceu de capelán até 1558 e logo en Riohacha até 1561 como vigairo. En 1562 foi nomeado cura da Catedral de Tunja e en 1569 beneficiouse da mesma por real provisión de Filipe II. Morreu neste cargo á moi avanzada idade de 85 anos, o 27 de novembro de 1607.
Notas
editar- ↑ Hernández Caballero, Serafín (Editor). (1998): Gran Enciclopedia de Venezuela. Editorial Globe, C.A. Caracas. 10 volúmenes. ISBN 980-6427-00-9
- ↑ Pineda, Rafael. Retrato hablado de Venezuela. Caracas: Cuadernos Lagoven. Lagoven, S.A. 2 volúmenes