Ponte dos Mártires do 15 de xullo

A ponte dos Mártires do 15 de xullo[1] ou ponte do Bósforo (ponte Bosphorus) (turco: Boğaziçi Köprüsü, Boğaziçi Köprüsü ou Birinci Köprü) é unha ponte pénsil que liga a parte asiática coa parte europea da cidade de Istambul, Turquía, atravesando a canle do mesmo nome. Ten unha lonxitude de 1074 metros e posúe seis carrís (tres de cada banda).[2]

Ponte dos Mártires do 15 de xullo

Tipoponte colgante, ponte de aceiro, ponte de estrada, atracción turística, ponte de peaxe e ponte a través do mar Editar o valor en Wikidata
Material usadoaceiro Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 41°03′N 29°02′L / 41.05, 29.03
EstadoTurquía
Provinciaprovincia de Istambul
Área metropolitanaIstambul Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación29 de outubro de 1973 Editar o valor en Wikidata
Inauguración30 de outubro de 1973 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
Tentativa de golpe de estado en Turquía en 2016 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura169 m e 541 pés Editar o valor en Wikidata
Anchura33,5 m e 110 pés Editar o valor en Wikidata
Lonxitude1.560 m e 5.118 pés Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DeseñadorWilliam Brown (pt) Traducir e Gilbert Roberts (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Con todo, esta non é a ponte pénsil máis longa de Istambul. A ponte de Fatih Sultan Mehmet foi rematada en 1988, posúe unha lonxitude 1090 metros e atópase case a cinco quilómetros ao norte da primeira ponte. Durante as horas pico da cidade, estas dúas pontes sofren grandes atascos de tránsito. Ademais, as dúas pontes teñen estipulado unha peaxe de paso (actualmente de 3 YTL, un pouco menos de 2 euros) que se cobra só cando se pasa desde a parte europea á asiática. Este cobro de portaxe fai aínda máis importantes os atoamentos que se forman.

O proxecto de construción dunha ponte colgante sobre o estreito do Bósforo foi concibido polo goberno turco en 1950, levándose a cabo 20 anos despois, en 1970. A construción durou 3 anos, polo que o proxecto finalizou en 1973.

Desde o 23 de abril de 2007 a ponte está iluminada mediante LEDs, co que se consegue un importante aforro enerxético.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar