Abrir o menú principal

Ponte dos Mártires do 15 de xullo

(Redirixido desde "Ponte do Bósforo")

A ponte dos Mártires do 15 de xullo[1] ou ponte do Bósforo (ponte Bosphorus) (turco: Boğaziçi Köprüsü, Boğaziçi Köprüsü ou Birinci Köprü) é unha ponte pénsil que liga a parte asiática coa parte europea da cidade de Istambul, Turquía, atravesando a canle do mesmo nome. Ten unha lonxitude de 1074 metros e posúe seis carrís (tres de cada banda).[2]

Ponte dos Mártires do 15 de xullo
Bosphorus Bridge.jpg
Localización
RíoEstreito do Bósforo
CidadeIstambul
PaísTurquía Turquía
Características
Construción1973
Lonxitude1560 m.
Ancho33,40 m.
Gálibo64 m.
TipoPonte pénsil
MaterialAceiro

Con todo, esta non é a ponte pénsil máis longa de Istambul. A ponte de Fatih Sultan Mehmet foi rematada en 1988, posúe unha lonxitude 1090 metros e atópase case a cinco quilómetros ao norte da primeira ponte. Durante as horas pico da cidade, estas dúas pontes sofren grandes atascos de tránsito. Ademais, as dúas pontes teñen estipulado unha peaxe de paso (actualmente de 3 YTL, un pouco menos de 2 euros) que se cobra só cando se pasa desde a parte europea á asiática. Este cobro de portaxe fai aínda máis importantes os atoamentos que se forman.

O proxecto de construción dunha ponte pénsil sobre o estreito do Bósforo foi concibido polo goberno turco en 1950, levándose a cabo 20 anos despois, en 1970. A construción durou 3 anos, polo que o proxecto finalizou en 1973.

Desde o 23 de abril de 2007, esta ponte está iluminada mediante LEDs, co que se consegue un importante aforro enerxético.

NotasEditar

Véxase taménEditar