Pompeyo Beltrán Camús
Pompeyo Beltrán Camús, nado en Cáceres e finado en Valladolid en 1915[1], foi catedrático de Agricultura e director do IES Otero Pedrayo de Ourense.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX Cáceres, España |
Morte | 1915 Valladolid, España |
Actividade | |
Ocupación | profesor de ensino secundario |
Traxectoria
editarEstudou Farmacia na Universidade de Madrid, licenciándose en 1873.[2] En 1878 decidiu adicarse á docencia e deu clases de Aritmética e Álxebra, Historia Natural e Agricultura en Plasencia.[2] Tras opositar[3], en 1891, obtivo a cátedra de Agricultura no Instituto de Ourense, sendo tamén nese ano profesor de Física e Química da Escola de Artes e Oficios Provincial.[2]
No ano 1910 foi nomeado director do Instituto, posto no que estaría ata o ano 1913.[2] Despois dunha breve enfermidade, faleceu no ano 1915.[2]
Recoñecementos
editarNa súa memoria, a parte posterior do Instituto chámase Pompeo, xa que alí foi onde tivo o seu campo de traballo.
Obra
editar- Tratado elemental de industrias (1895)