Pompeo Batoni
Pompeo Girolamo Batoni, nado en Lucca o 25 de xaneiro de 1708 e finado en Roma o 4 de febreiro de 1787, foi un pintor italiano.
![]() (1765) ![]() | |
Nome orixinal | (it) Pompeo Girolamo Battoni ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de xaneiro de 1708 ![]() Lucca, Italia ![]() |
Morte | 4 de febreiro de 1787 ![]() Roma, Italia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Retrato ![]() |
Movemento | Clasicismo ![]() |
Profesores | Sebastiano Conca ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Svensk uppslagsbok Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Biblioteca dixital BEIC ![]() |
![]() ![]() ![]() |

Traxectoria
editarAprendeu co seu pai, ourive, e en 1728 marcha a Roma e alí estuda a esculuta antiga, durante un tempo foi discípulo de Sebastiano Conca, pero principalmente foi un autodidacta. Foi un dos primeiros en reaccionar contra o estilo rococó e manierista da época, inspirándose na antigüídade, nos pintores clásicos franceses como Nicolas Poussin e en Rafael, o que o converte nun dos precursores do Neoclasicismo.
Foi un retratista buscado polos viaxeiros británicos de paso en Roma para que os retratase, o que explica que numerosas pinturas súas estean en Gran Bretaña, é tamén coñecido polos seus retratos de reis e Papas. Foi o conservador das coleccións pictóricas do Papa e a súa casa converteuse nun centro intelectural, artístico e social importante na Roma da época.