Pomacéntridos
Os pomacéntridos (Pomacentridae) son unha familia de peixes mariños incluída na suborde Labroidei, da orde dos Perciformes.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dc/Pomacentrus_pavo.jpg/350px-Pomacentrus_pavo.jpg)
A denominación da familia deriva do grego poma, cobertura (en referencia ó opérculo), e kentron, aguillón, pola liña puntiaguda que presentan na marxe do opérculo.
Morfoloxía
editarCorpo oval, alto e comprimido, con boca pequena e protráctil. A aleta dorsal, única, posúe 9-14 radios espiñosos (normalmente, 12-13) e 11-18 radios brandos. Na anal, 2 espiñas.
Alcanzan tamaños máximos de 35 cm.
Hábitat e bioloxía
editarSon especies de mares tropicais e temperados do Indopacífico, raramente de augas salobres.
É característico o seu sedentarismo e forte territorialidade, o que, unido ás chamativas cores dalgunhas especies, fai que sexan moi apreciados en acuarioloxía.
Taxonomía
editarA familia pomacéntridos divídese en 28 xéneros e 321 especies (FishBase).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Pomacéntridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pomacéntridos |